Convocatoria do Concurso e Réxime de Protección de Datos de carácter persoal
1.- Vostede, na súa condición de participante no “II CONCURSO FOTOGRÁFICO FUNDACIÓN CAIXA GALICIA” (o “Concurso”), recoñece e acepta expresamente, mediante a cumplimentación do presente formulario, que o Concurso é convocado por Caixa de Aforros de Galicia (Caixa Galicia) a través da súa Obra Benéfico-Social, e pola Fundación Caixa Galicia.
2.- De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase a Vostede, na súa condición de participante no Concurso, de que os datos que proporcione ó cumplimentar o presente formulario, así como calquera outros que, no seu caso, se recaben ou xeneren con motivo da súa participación no Concurso, serán incorporados ós ficheiros de Caixa Galicia e da Fundación Caixa Galicia para que ambas entidades poidan efectuar o tratamento, automatizado ou non, de ditos datos ós efectos de a) xestionar e tramitar o presente formulario de participación; b) xestionar, tramitar e realizar todas aquelas actividades descritas nas Bases do Concurso e as demais actividades relacionadas co Concurso; c) xestionar, tramitar e proceder ó mantemento das relacións xurídicas que, como consecuencia da súa participación no Concurso e da realización de calquera actividades descritas nas Bases do Concurso e das demais actividades relacionadas co Concurso, se establezan entre Caixa Galicia e/ou a Fundación Caixa Galicia e Vostede; e d) enviar a Vostede por calquera medio, inclusive, por tanto, o correo electrónico e calquera outro medio de comunicación electrónica equivalente, información atinente tanto ás actividades relacionadas coa Obra Benéfico-Social de Caixa Galicia e/ou coa Fundación Caixa Galicia, como ós productos e servizos que, no seu caso, Caixa Galicia poda ofrecer en cada momento.
Vostede poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ó tratamento dos seus datos, de conformidade co establecido coa lexislación vixente: (i) no caso dos datos incluídos nos ficheiros de Caixa Galicia, dirixíndose por escrito ó Servicio de Atención ó Cliente de dita entidade, responsable do ficheiro (C/Rúa Nueva nº 30-32,CP 15003 A Coruña), sen perxuízo de que, en calquera momento, Vostede poda, ben revocar no futuro o consentemento prestado para o tratamento aquí descrito dos seus datos de carácter persoal, ben formular a súa oposición á recepción da información referida no apartado d) do parágrafo anterior, por medio dunha mensaxe á dirección de correo electrónico bajas@caixagalicia.es; (ii) no caso dos datos incluídos nos ficheiros da Fundación Caixa Galicia, dirixíndose por escrito á Fundación Caixa Galicia, responsable do ficheiro, á seguinte dirección: C/Rúa Nueva nº 30-32,CP 15003 A Coruña, sen perxuízo de que, en calquera momento, Vostede poda, ben revocar no futuro o consentemento prestado para o tratamento aquí descrito dos seus datos de carácter persoal, ben formular a súa oposición á recepción da información referida no apartado d) do parágrafo anterior, por medio dunha mensaxe á dirección de correo electrónico bajas@caixagalicia.es.
Vostede presta o seu expreso consentimento ó réxime aquí descrito relativo ó tratamento dos seus datos de carácter persoal, declara ser exactos e veraces os datos aquí facilitados e se obriga a comunicar a Caixa Galicia e á Fundación Caixa Galicia calquera modificación ou variación que se produza nos mesmos.